novembro 2026
Chegou novembro, tamén coñecido como «mes de defuntos», porque comeza con esta festividade e continúa cunha morea de eventos, como os que ofrecemos na programación de actividades do noso Espazo Rodante e máis. Seguro que hai algunha que che interesa, bota unha ollada!
- Xoves, 12/11/2026: OBRADOIRO DE CIANOTIPIAS con Fenosita. MÁIS INFO AQUÍ.
- Sábado, 14/11/2026: OBRADOIRO DE CIANOTIPIAS con Fenosita. TODA A INFO AQUÍ.
- Xoves, 19/11/2026: OBRADOIRO «PULSEIRA DE BÓLAS», con Hiar Artesanía. SABER MÁIS AQUÍ
- Venres, 20/11/2026: OBRADOIRO «IMPRESIÓNS DO LITORAL», dentro da MAKER FAIRE GALICIA.
- Mércores, 25/11/2026: BORDÁMOLO! Xuntanza distendida para falar e bordar. +INFO
Pincha nos enlaces para obter toda a información que precisas e tamén atoparás acceso aos formularios de inscrición. Lembra que os aforos son limitados, polo que non dubides e reserva a túa canto antes!
Agardámoste! 🙂
