CURSO DE INICIACIÓN Á COSTURA

Durante os pasados mércores 13 e 20 de marzo, afrontamos nun reducido grupo un proxecto de deseño e confección dun bolso.

Coa axuda de Tania Rosou, estivemos traballando no deseño, patronaxe e corte dunha peza téxtil única e personalizada.

A esta actividade adicámoslle seis horas en total cun custe de 30€ por persoa.

Achegámosche de seguido algunhas fotos destas xornadas.

Deja una respuesta