CURSO «INICIACIÓN AO BORDADO»
Durante tódolos mércores, do vindeiro mes de outubro, no Espazo Rodante (Local nº7, planta baixa do centro Comercial A Laxe), Luz Álvarez -máis coñecida como @desbordada– impartirá un CURSO DE INICIACIÓN AO BORDADO. A actividade terá lugar entre as 17:00 e as 19:00 horas, tódolos mércores dende o 2/10 ata o 30/10.
Non é preciso que teñades coñecementos previos, iso si deberedes traer un bastidor para iniciar un pequeno mostrario de puntadas, que aprenderemos para posteriormente incorporalas nunha pequena peza de BORDADO SOBRE FOTOGRAFÍA. Tamén podes traer as túas propias tesoiras.
Aquí disporemos dalgúns materiais, pero síntete libre de traer algunha tea ou fíos aos que lle teñas ganas. Iso xa queda da túa man.
Esta actividade ten un custe de 40€por persoa.
PECHADO PRAZO DE INSCRICIÓN

Deja una respuesta
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.