ACTIVIDADE -LIBRO DE ARTISTA-

O vindeiro xoves, 24 de outubro a artista Ana María Pintora, ofrece no Espazo Rodante (Local nº7, planta baixa do centro Comercial A Laxe), un obradoiro para aprender a crear o noso propio LIBRO DE ARTISTA.

Os obxectivos que se perseguen con esta actividade son: sensibilizar da importancia do libro como patrimonio cultural da humanidade ao longo da historia e coñecer os modos de facer papel, así como comprender a importancia do mesmo no que respecta á escritura e á imaxe. Para acadalos, crearemos un «OBXECTO LIBRO» en papel, de forma libre e creativa contando coa axuda da formadora que nos guirá e asesorará no proceso de descuberta da nosa propia obra.

 

A actividade dará comezo ás 17:00 horas e terá unha duración de dúas horas.

Ademais, esta actividade é de balde e únicamente require de previa inscrición, a cal se pode realizar a través DESTE ENLACE.

Deja una respuesta