OBRADOIRO DE COLLAGE
Os vindeiro SÁBADO, 16 de novembro, a artista plástica e visual MARLENE ROMERO, vai impartir un OBRADOIRO DE COLLAGE, no Espazo Rodante (Centro Comercial A Laxe, local nº7, Planta Baixa), a partir das 11:00 e ata as 15:00 horas.
Nesta sesión realizaremos unha achega á técnica do collage, a través da cal exploraremos o mundo do surrealismo e a expresión artística empregando materiais de recortes, papeis artesáns, fotografías, etc. Non é preciso dispoñer de coñecementos previos.
O prezo desta actividade é de 20€ por persoa e inclúe tódolos materiais necesarios, pero se xa tes algunha idea e o que precisas son indicacións de como afrontar o teu proxecto, sempre podes traer os materiais que desexes empregar e coa axuda da instructora acadar o que pretendes.
Para asistir a esta actividade so é preciso que cubras o formulario NESTA LIGAZÓN.
AFORO LIMITADO: 8 PLAZAS DISPOÑIBLES.

Deja una respuesta
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.