DEMOSTRACIÓN -ENCADERNACIÓN ARTESÁ-

A marca de artesanía «A Casa Rodante«, con motivo da celebración dos Días Europeos da Artesanía, ofreceu unha programación especial de actividades. Unha delas foi unha demostración do oficio da encadernación.

O pasado 03 de abril, entre as 16:00 e as 18:00 horas, as compañeiras e compañeiros do taller de encadernación de APAMP, estiveron nas inmediacións do Espazo Rodante (local nº7, da Planta Baixa), explicando cales son os pasos a seguir para elaborar pequenas libretas, de forma totalmente manual. Foi unha oportunidade magnífica para aprender algúns trucos e poder aventurarnos a elaborar, por exemplo, os nosos propios agasallos. 

Nesta ocasión, visitáronnos persoa de tódalas idades que ao pasar polo corredor de A Laxe quedaron abraiadas co que atoparon e non dubidaron nin un segundo en poñerse mans á obra! 

Deja una respuesta