OBRADOIRO ACUARELA

O Espazo Rodante (local nº7, P. Baixa do C. Comercial A Laxe) volveu a convertirse nun lugar de encontro e difusión de coñecementos. Nesta ocasión, o acuarelista e ilustrador JULIO BARREIRA, ofreceunos un OBRADOIRO DE INICIACIÓN Á ACUARELA. Esta sesión tivo lugar o pasado mércores, 28 de maio de 2025.

Durante a tarde, o artista puxo en común connosco algúns dos trucos que emprega para obter as súas obras de acuarela, o que el chama «Los Caminos del Agua». Axudounos así a facer as nosas propias láminas con esta nova técnica, de forma que puidemos voltar ás nosas casas cunha fantástica obra lista para enmarcar!

Deixámosvos algunhas instantáneas desta xornada tan produtiva. E aproveitamos para agradecer moito -tanto a Julio Barreira como aos asistentes- que fixeran posible este encontro.

Deja una respuesta