OBRADOIRO -ESMALTE A LUME-
O vindeiro sábado 27/09/2025, teremos no noso Espazo Rodante un horario especial para acoller a actividade que Pilar Blanco, de Obradoiro Hedra nos vai ofrecer: un obradoiro de esmalte a lume sobre xoiaría de cobre.
Pilar é xoieira, esmaltista e pedagoga e con todos eses saberes mesturados, vainos ensinar como se aplica esmalte de pó de vidro sobre o metal. A parte «difícil» (a do soplete) é un traballo que lle co rresponde a ela, pero todas as persoas que queiran participar terán todo o material dispoñible para levar a casa unha xoia propia.
Esta actividade terá luga a partir das 11:00 horas e se che interesa vir, so tes que CUBRIR O FORMULARIO e a túa plaza quedará reservada.
Anímaste?

Deja una respuesta
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.