OBRADOIRO -BOTELLAS FORRADAS-
A marca de Artesanía de Galicia, CASA ATLÁNTICA, de Redondela vaise achegar o vindeiro SÁBADO, 22/11/2025, a partir das 11:00 horas, para impartir un OBRADOIRO DE BOTELLAS FORRADAS, con materiais reciclados.
Coa axuda de Belén Martínez aprenderemos a forrar as populares botellas dos anos 50 e 60, con cables de cores, fíos, fibras vexetais, etc. Aplicando técnicas e patróns únicos. Ensinaranos cales son as ferramentas que precisamos, a interpretar diferentes tipos de trenzado e todo o necesario para encarar un proxecto persoal que posteriormente realizaremos.
Tódolos materiais están incluídos no prezo por persoa, pero se acaso xa tes en mente algunha botella ou recipiente que queiras utilizar, síntete libre de traela e decorarémola durante a sesión. A que é unha actividade interesantísima? Non quedes sen a túa plaza, porque o aforo é limitado e bule a ANOTARTE AQUÍ!

Deja una respuesta
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.