OBRADOIRO XOIARÍA E MACRAMÉ

A marca de Artesanía de Galicia, PIPA PIRITA, vai ofrecer un obradoiro de xoiería e macramé pensado para que a xente goce dun momento creativo, relaxante e diferente, no noso Espazo Rodante (local nº 7, planta baixa do C.Comercial A Laxe).

O vindeiro venres, 30/01/2026, a partir das 17:00 horas poderás participar nesta actividade na que coa axuda de ferramentas profesionais, perforarás os laterais dunha chapa metálica e gravarás unha inicial con cinceles, personalizando ao máximo a túa peza. Para finalmente, converter esa peza nunha pulseira feita a man, empregando unha sinxela técnica de nós nun cordón, de diferentes cores a escoller.

Este obradoiro, que é de balde grazas á colaboración da formadora, Nerea Ruibal, combina creatividade, calma e aprendizaxe, nun ambiente distendido, co valor engadido de achegarse ao verdadeiro traballo dun xoieiro.

Apúntaste? CUBRE O SEGUINTE FORMULARIO E RESERVA A TÚA PRAZA XA!

Deja una respuesta