OBRADOIRO -PINTURA TÉXTIL-

A marca de Artesanía de Galicia, COMO PEZ EN EL AGUA, vai ofrecer un obradoiro de «PINTURA TÉXTIL», no noso Espazo Rodante (local nº 7, planta baixa do C.Comercial A Laxe).

O vindeiro XOVES, 23/04/2026 entre as 18:30 e as 20:30 horas, poderás participar nunha actividade de estampación téxtil, na que pintaremos unha bolsa de tea, empregando materiais especias e con diferentes motivos (vexetais, mariños, abstractos…)

Esta actividade é de balde grazas á colabroación imprescindible de APAMP, e á formadora que a ofrece incluíndo tódolos materiais.

Que che parece a idea, gústaceh, verdade? Pois non o dubides e ANÓTATE AQUÍ PARA PARTICIPAR.

Deja una respuesta