OBRADOIRO -ESTAMPACIÓN TÉXTIL-

Felicetta Gualtieri, artesá da moda e experta en upcycling e reciclaxe téxtil, chega ao noso Espazo Rodante (C. Comercial A LAxe, planta baixa, local nº7) para ofrecernos un OBRADOIRO DE ESTAMPACIÓN TÉXTIL.

Esta xornada terá lugar o martes, 23/06/2026, entre as 16:00 e as 18:30h. Nela, aprenderás algunhas técncias para darlle unha nova vida ás túas prendas.

Coa axuda da formadora, empregaremos sellos de linograbado, e diferentes técncias de estamación para transformar unha prenda en algo único e revitalizado. Podes traer unha camisa vella que queras customizar, ou algunha prenda con valor persoal que queiras intervir ou ben podes aproveitar algunha das prendas que Felicetta traerá do seu «banco de donacións».

Creatividade, cor e bo rollo dánse así cita nunha bonita actividade á que non podes faltar.

Apúntaste? CONSULTA MÁIS INFO AQUÍ e reserva a túa plaza.

 

Deja una respuesta