OBRADOIRO DE ACUARELA

O pasado martes, 28 de xullo, entre as 18:00 e as 20:00 horas, comaprtimos unha bonita xornada xunto coa acuarelista Emma Romero quen os ofreceu un obradoiro de acuarela, no noso Espazo Rodante (C.Comercial A Laxe, local nº7. Planta Baixa).

Neste obradoiro aprendemos a crear pezas únicas aproximándonos inicialmente a esta técnica pictórica, coa axuda da formadora. Os materiais necesarios, como diferenciar un bo papel de un non tanto, que tipo de «texturas» se conseguen modificando as proporcións entre auga e pigmento… Todo iso e moito máis foron os temas que tratamos e aínda que á maioría de nós nos falta moito para chegar ao nivel experto, por algún lado hai que empezar. Quda moito camiño para dominar a técnica con tanta soltura como a artista Emma Romero, pero é bonito poder dicir que algo xa sabemos.

A continuación poderás ver algunhs fotos do evento e o resutlado dalfunhas das nosas obras. xa nos contarás que che parecen!

42

Deja una respuesta