OBRADOIRO GYOTAKU
O vindeiro sábado, 26/09/2026, a partir das 17:00 horas e ata as 19:30, as compañeiras do noso taller téxtil, estarán ofrecendo un OBRADOIRO DE GYOTAKU, dentro do marco da Feira ESDOMAR:
Esta actividade é de balde grazas ao traballo é á colaboración de Fundamar, principais promotores do evento e cuxa invitación a participar sempRe aceptamos con gusto, dende APAMP e A Casa Rodante.
Toda a información acerca desta actividade e as inscricións, podes atopala remitíndote á súa web.
Non dubidamos de que vai ser unha xornada ben bonita, entorno á cultura do mar, a pesca e o ecosistema social que se xera ao redor.
Non podes faltar!

Deja una respuesta
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.