ACTIVIDADE -ESTAMPACIÓN EN TÉXTIL-

O vindeiro XOVES, 14 de novembro a artista viguesa Lucía Walter (Chía), ofrece no Espazo Rodante (Local nº7, planta baixa do centro Comercial A Laxe), unha actividade de ESTAMPACIÓN SOBRE TÉXTIL. A actividade dará comezo ás 18:00 horas e terá unha duración de dúas horas.

Nesta xornada, a artista fáranos unha introdución a diferentes técnicas de estampado caseiras, empregando obxectos e materias de uso cotián. A continuación, estamparemos de forma manual unha bolsa de tea. Proveránse tódolos materiais e pinturas (cada participante do taller recibirá unha bolsa branca), mais tamén se poden traer outros formatos téxtiles (manteis, camisetas, etc) de cores claras no caso de que os participantes do taller desexen emprender un proxecto propio.

O taller é apto para todos os niveis e capacidades creativas. Para persoas de 8 a 100 anos.

 

Aforo completo.

Deja una respuesta