ANA SOAGE

Ola, chámome Ana Soage Sas.
Traballo no taller de téxtil en APAMP dende o 2018. Realizo pezas no tear de catro lizos, como por exemplo bufandas, alfombras, coxíns, hamacas… Manexo os pedais e escollo as cores para realizar o traballo. Cando termino, gústame cortar coas tesoiras para rematar a labor.
Tamén axudo ás miñas compañeiras, contribuíndo aos procesos de fabricación doutros produtos. Encho os “Enxendros” e colaboro na selección dos materiales. Sempre que podo botar unha man, non o dubido, porque me gusta moito traballar en equipo.

estas son algunas de mis OBRAS