CONDICIÓNS XERAIS DE COMPRA NO SITIO WEB DE ACASARODANTE.GAL

 

O presente documento establece as condicións polas que se rexen o uso desta páxina web e a compra de produtos na mesma (de agora en diante, as “Condicións”). Por favor lea atentamente as presentes Condicións e a nosa Política de Privacidade antes de usar esta páxina web. 

Estas Condicións poderían ser modificadas. É a súa responsabilidade lelas xa que as condicións vixentes no momento do uso da páxina web ou da realización dun pedido a través da nosa tenda online serán as que lle resulten aplicables.

Se ten algunha pregunta relacionada coas Condicións ou a Política de Privacidade pode poñerse en contacto con nós enviando un email a esta dirección electrónica info@inceptum.es.

 

  1. OS NOSOS DATOS    

Esta páxina web opera baixo a denominación acasarodante.gal cuxa licenza de uso APAMP, Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral.

CIF: G36624120

R/Miguel Hernández nº1, 36219, VIGO

Correo electrónico: hola@acasarodante.gal

  1. OS SEUS DATOS

A información ou datos persoais que vostede nos facilite serán tratados con arranxo ao establecido na Política de Privacidade. Ao facer uso desta páxina web vostede consinte ao tratamento de dita información e datos e declara que toda a información ou datos que nos facilite son veraces e se corresponden coa realidade.

  1. ÁMBITO DE APLICACIÓN

As presentes Condicións serán de aplicación a todos os pedidos cursados a través da páxina web artesaniagalicia.com.

Os artigos que se ofrecen a través desta páxina web están unicamente dispoñibles para o seu envío a territorio español.

A realización dun pedido a través da nosa tenda online supón unha aceptación pola súa parte das presentes Condicións e da Política de Privacidade da nosa páxina web. No caso de que estea en desacordo co contido das Condicións aquí establecidas, abstéñase de realizar calquera operación de compra.

  1. CAPACIDADE LEGAL

Ao realizar un pedido a través desta páxina web, vostede declara ser maior de 18 anos e ter capacidade legal para contratar.

  1. USO DO NOSO SITIO WEB

Ao facer uso desta páxina web e realizar pedidos a través da mesma vostede se compromete a:

Non realizar ningún pedido falso ou fraudulento. Se razoablemente se puidera considerar que se fixo un pedido desta índole estaremos autorizados a anulalo.

Facilitarnos a súa dirección de correo electrónico, dirección postal e/ou outros datos de contacto de forma veraz e exacta. Do mesmo xeito,  consinte que poderemos facer uso de dita información para poñernos en contacto con vostede se fora necesario. Se non nos facilita vostede toda a información que precisamos, non poderemos cursar o seu pedido. 

  1. CELEBRACIÓN DA COMPRAVENDA 

Vendedor:

Acasarodante.gal con domicilio fiscal R/Miguel Hernández nº1, 36219 Vigo  CIF: G36624120

Comprador:

A persoa usuaria, ao consignar os seus datos persoais no formulario de compra, deberá aceptar as Condicións e Políticas de Privacidade para poder continuar co proceso de compra. 

Todos os pedidos están suxeitos a nosa aceptación, da que será informada a través dun correo electrónico. O contrato para a compra dun produto estre vostede e nós quedará formalizado unicamente cando lle enviemos a Confirmación de Compra.

Non estaremos obrigados a subministrarlle  ningún outro produto que puidera haber sido obxecto de pedido ata que lle confirmemos o envío do mesmo unha Confirmación de Compra.

 

  1. DISPOÑIBILIDADE DE PRODUTOS

Todos os pedidos de produtos están suxeitos á dispoñibilidade dos mesmos. Neste sentido, se se producen dificultades en canto a subministración de produto ou senón quedan artigos en stock lle reembolsaremos sen demora os pagos que fixera sobre estes artigos en concreto. Nestes casos, A CASA RODANTE non terá a obriga de realizar a entrega deses artigos. 

  1. QUITAR OU MODIFICAR PRODUTOS

A CASA RODANTE reserva o dereito de retirar calquera produto desta páxina web en calquera momento, así como prezo dos mesmos.

  1. ENTREGA

Sen prexuízo dos establecido na cláusula 7 respecto a dispoñibilidade dos produtos, intentaremos enviar o pedido no prazo que figura na Confirmación de Compra. Se non se especificase ningunha data, entregarase no prazo de 15 días a contar dende a data de Confirmación de Compra. 

Se por algún motivo non puidésemos cumprir coa data de entrega,  informarémoslle desta circunstancia e darémoslle a opción de seguir adiante coa compra establecendo unha nova data de entrega ou ben anular o pedido co reembolso total do prezo pagado.

Teña en conta en calquera caso que a entrega pode ser realizada en calquera día da semana, incluídos sábados e domingos.

O produto será entregado na dirección indicada por vostede ao realizar o pedido.

Debido a que o produto será entregado “porta a porta”, non aceptamos direccións de envío a apartados postais.

  1. IMPOSIBILIDADE DE ENTREGA

Se nos resulta imposible efectuar a entrega do seu pedido farémosllo saber a través de correo electrónico, deixarémoslle unha explicación da situación do seu envío e como facer para que sexa entregado. Se non vai estar no lugar de entrega acordado, rogámoslle que se poña en contacto con nós o antes posible para acordar a entrega.

Por favor, teña en conta que o almacenaxe e o novo envío do seu pedido pode ter un coste adicional. No caso de que transcorridos 30 días dende que o seu pedido estea dispoñible para a súa entrega, o pedido non fora entregado por causa non imputable a nós, entenderemos que desexa desistir do Contrato, devolverémoslle o prezo pagado por tales produtos o antes posible e, en calquera caso, no prazo máximo de 30 días dende a data na que consideremos resolto o Contrato.

  1. PREZO

O prezo vixente do produto será o acordado no momento de realizar o pedido.

Os prezos da páxina web inclúen IVE.

Os gastos de envío se engadirán ao importe total e aparecerán antes de que vostede deba confirmar o pedido.

Nas compras superiores a 60 euros, o envío será gratuíto.

Os prezos poden cambiar en calquera momento, pero os posibles cambios non afectarán aos pedidos con respecto aos que xa foron enviados unha Confirmación de Compra.

  1. FORMA DE PAGO

Poderá facer o pago coas tarxetas de débito, crédito a través de PayPal e transferencia bancaria.

Ao facer clic en “Aceptar o pago”, vostede está confirmando que a tarxeta de compra é súa. 

As tarxetas de crédito estarán suxeitas a comprobacións e autorizacións por parte da entidade emisora das mesmas, pero si dita entidade non autorizase o pago, non nos faremos responsables por ningún retraso ou falta de entrega e non poderemos formalizar ningún Contrato con vostede.

  1. DESCONTOS

Se existe algún desconto aplicable, se aplicará antes de realizar a compra. Logo de que o pago sexa procesado non se devolvera o importe do desconto.

  1. POLÍTICA DE DEVOLUCIÓNS
    1. Dereito legal a desistir da compra

Vostede do Contrato en calquera momento dentro do prazo de 7 días hábiles dende a data na que vostede reciba o seu pedido.

Neste caso, reembolsaráselle o prezo pagado por tales produtos, tras recibir nós o produto e examinalo.

Vostede se fará cargo dos costes directos da devolución do produto.

Vostede poderá acreditar o exercicio do dereito de desestimación  dentro do prazo indicado, en calquera forma admitida en dereito. Bastará con enviar un email hola@acasarodante.gal, o noso departamento de atención ao cliente porase en contacto con vostede para informarlle de como proceder á devolución do produto.

O seu dereito  a desistir do Contrato será de aplicación exclusivamente a aqueles produtos que se devolvan nas mesmas condicións nas que vostede os recibiu.

Por favor, devolva o artigo usando ou incluíndo a súa caixa orixinal. Deberá incluír tamén todos os documentos e envoltorios dos produtos. Non se fará ningún reembolso se o produto foi usado máis alá da mera apertura do mesmo, se non está nas mesmas condicións nas que se entregou ou se sufriu algún dano.

Despois de examinar o artigo, se lle informará de se ten dereito ao reembolso das cantidades pagadas.

A devolución efectuarase o antes posible e, en calquera caso, dentro do prazo de 30 días dende a data en que vostede nos comunicou a súa intención de desistir.

A devolución efectuarase sempre a través do mesmo medio de pago que vostede utilizou para pagar a compra.

Vostede asumirá o coste o risco de devolvernos os produtos, tal e como se indicou anteriormente.

Esta disposición non afecta a outros dereitos recoñecidos a persoa consumidora pola lexislación vixente. 

  1. Devolucións de produtos defectuosos

No momento que vostede reciba o produto, se considera que o mesmo non se axusta ao estipulado no Contrato, deberá poñerse en contacto con nós dentro dos 7 días hábiles seguintes á data de recepción do mesmo, onde lle indicaremos a forma de proceder á devolución a través do email: hola@acasarodante.gal

Por favor, devolva o artigo usando ou incluíndo a súa caixa orixinal. Deberá incluír tamén todos os documentos e envoltorios dos produtos… Non se fará devolución se o produto foi usado máis alá da mera apertura do mesmo. Con todo, é posible que existan diverxencias entre as fotografías dos produtos e os produtos enviados. Estas non se considerarán como defecto, sempre que sexan esixibles a clientela.

A devolución efectuarase o antes posible e, en calquera caso, dentro do prazo de 30 días dende a data na que vostede nos comunicou a súa incidencia. A devolución se efectuará sempre a través do mesmo medio de pago que vostede utilizou para pagar a compra.

Quedan a salvo os dereitos recoñecidos pola lexislación vixente.

  1. Reposición de produtos rotos 

Se vostede recibe o produto roto, nós lle reembolsaremos o diñeiro, tras proceder pola súa parte a comunicarnos esta incidencia e ao envío e recepción pola nosa parte de dito artigo.

O reembolso do diñeiro efectuárase o antes posible e, en calquera caso, dentro do prazo de 15 días dende a data na que recibamos o produtos nas nosas instalacións.

FORMA DE PAGO

Por favor, envío o artigo usando ou incluíndo a súa caixa orixinal. Deberá incluír tamén os documentos e envoltorios dos produtos.

En caso de rotura, por favor comuníquenolo o antes posible a través do noso email hola@acasarodante.gal e nós lle informaremos do procedemento a seguir.  

  1. PROPIEDADE INTELECTUAL

Vostede recoñece e consinte que todo copyright, marca rexistrada e demais dereitos de propiedade intelectual sobre os materiais ou contidos que aportan como parte da páxina web corresponden en todo momento a casarodante.gal.

Vostede non poderá facer uso de dito material agás autorización expresa nosa.

Non se permite a descarga e utilización de imaxes das nosas páxinas sen a autorización escrita de artesaniagalicia.com.

  1. COMUNICACIÓNS POR ESCRITO

A normativa vixente aplicable esixe que parte da información ou comunicacións que lle enviemos sexan por escrito.

A efectos contractuais, vostede consinte en usar este medio electrónico de comunicación e recoñece que todo contrato, notificación, información e demais comunicacións que lle enviemos de forma electrónica cumpren cos requisitos legais de ser por escrito.

Esta condición non afectará aos seus dereitos recoñecidos por lei.

  1. CESIÓN DE DEREITOS E OBRIGAS

O contrato é vinculante tanto par vostede como para acasarodante.gal así como para os nosos respectivos sucesores e cesionarios.

Vostede non poderá transmitir, ceder, gravar ou de calquera outro modo transferir un Contrato ou algún dos dereitos ou obrigas derivados do mesmo sen haber obtido o noso consentimento previo por escrito.

Acasarodante.gal resérvase o dereito de poder transmitir, ceder, gravar ou de calquera outro modo transferir un Contrato ou algún dos dereitos ou obrigas derivados do mesmo, en calquera movemento durante a vixencia do Contrato.

Ditas transformacións, cesións, gravames ou outras transferencias non afectarán os dereitos que vostede ten como persoa consumidora, recoñecidos por lei.

  1. ACONTECEMENTOS FÓRA DO NOSO CONTROL

Non seremos responsable por ningún incumprimento ou retraso no cumprimento da algunha das obrigas que asumamos ao amparo dun Contrato, cuxa causa se deba a acontecementos que están fóra do noso control razoable (“Causa de Forza Maior”).

As Causas de Forza Maior incluirán calquera acto, acontecemento, falta de exercicio, omisión ou accidente que estea fóra do noso control razoable e entre outros os seguintes:

Folgas, peches patronais ou outras medidas reivindicativas.

Conmoción civil, revolta, invasión, ataque terrorista ou ameaza terrorista, guerra (declarada ou non) ou ameaza ou preparativos de guerra.

Incendio, explosión, tormenta, inundación, terremoto,  afundimento, epidemia ou calquera outro desastre natural.

Imposibilidade do uso de trens, barcos, avións, transportes de motor ou outros medios de transporte públicos ou privados. 

Imposibilidade de utilizar sistemas públicos ou privados de telecomunicacións.

Actos, decretos, lexislacións, normativa ou restricións de calquera goberno ou autoridade público. 

Folga, fallos ou accidentes de transporte marítimo ou fluvial, postal ou calquera outro tipo de transporte.

Entenderase que as nosas obrigas derivadas de Contratos quedarán suspendidas durante o período na que a Causa de Forza Maior continúe, e disporemos dunha ampliación no prazo para cumprir ditas obrigas por un período de tempo igual que dure a Causa de Forza Maior.Poremos todos os medios razoables para que finalice a CFM ou para atopar unha solución que nos permita cumprir as nosas obrigas en virtude do Contrato a pesar da CFM.

  1. NULIDADE PARCIAL

Se algunha das presentes condicións ou algunha disposición dun Contrato fosen declaradas nulas e sen efecto por resolución firme por autoridade competente, os restantes termos e condicións permanecerán en vigor, sen que queden afectados por dita declaración de nulidade.

  1. O NOSO DEREITO A MODIFICAR ESTAS CONDICIÓNS

A CASA RODANTE resérvase o dereito de revisar e modificar as presentes Condicións en calquera momento.

Vostede estará suxeita ás Condicións e Política de Privacidade vixente no momento que use a presente páxina web ou efectúe cada pedido, agás que por lei ou decisión de organismos gobernamentais debamos facer cambios con carácter retroactivo nas ditas Condicións ou Política de Privacidade, en cuxo caso, os posibles cambios afectarán tamén aos pedidos que vostede houbese feito previamente. 

  1. PROTECCIÓN DE DATOS

Todos os datos persoais se tratarán con carácter confidencial. Gardaranse os datos necesarios para realizar os trámites de negocios.