DEMOSTRACIÓN -CESTERÍA DE LÁMINA-

A marca de artesanía «A Casa Rodante», con motivo da celebración dos Días Europeos da Artesanía, ofreceu unha programación especial de actividades. Entre elas, realizamos unha demostración do oficio da cestería tradicional.

O pasado 4 de abril entre as 11:00 e as 13:00 horas, as compañeiras e compañeiros do taller de cestería de APAMP, estiveron nas inmediacións do Espazo Rodante (local nº7, da Planta Baixa), elaborando unha gran peza de cestería: un entramado con láminas de carballo para cuxa realización contamos co apoio e a participación das persoas do Centro de Día Net- Avó.

Foi unha xornada moi bonita, na que empregando a técnica da cestería «un por arriba, outro por abaixo», fomos tecendo un panel que ben podería considerarse unha mostra simbólcia do que é a rede que entre todas construímos. Un soporte artístico, que da conta de todo o que somos capaces de facer cando traballamos xuntas.

Deja una respuesta