DEMOSTRACIÓN -ELABORACIÓN DE PAPEL ARTESÁN-

A marca de artesanía «A Casa Rodante«, con motivo da celebración dos Días Europeos da Artesanía, ofreceu unha programación especial de actividades.

Unha destas actividades consistiu na demostración dun dos nosos oficios: o do papel artesán.

O martes, 01 de abril, entre as 11:00 e as 13:00 horas, as compañeiras e compañeiros do taller de papel de APAMP, estiveron nas inmediacións do Espazo Rodante (local nº7, da Planta Baixa), traballando na realización de papel artesán. Do mesmo xeito que o fan normalmente no seu obradoiro, só que trasladando as ferramentas e todo o seu saber ao C. Comercial A Laxe.

Esta foi unha grande oportunidade para quen quixo aprender algúns dos trucos desta técnica artesá, xa que unha boa cantidade de expertos estiveron durante a sesión compartindo tempo e todo o seu saber, que non é pouco! 

Deixámosvos unhas fotiños, para que comprobedes que ben o pasamos.

Deja una respuesta