DEMOSTRACIÓN -GRAVADO EN PUNTA SECA-

A marca de artesanía «A Casa Rodante«, con motivo da celebración dos Días Europeos da Artesanía, ofreceu unha programación especial de actividades, entre as cales destacamos a demostración do que é o gravado en punta seca. Esta técnica artística emprégase para crear pequenas obras en papel. Pero vai moito máis alá.

O xoves, 03 de abril, entre as 11:00 e as 13:00 horas, as compañeiras e compañeiros do taller artístico de APAMP, estiveron nas inmediacións do Espazo Rodante (local nº7, da Planta Baixa), explicando como podemos realizar esta técnica con materiais totalmente reciclados e cunha inversión moi mínima. Explicáronnos como podemos convertir cousas que poderían parecer residuos (como tetrabricks de leite, planchas de polietileno…) en ferramentas de traballo coas que crear obras únicas.

Os resultado foron excelentes e a experiencia aínda mellor. Moito nos gusta compartir o que sabemos e encher os espazos públicos de arte e cor! 

Deja una respuesta