DEMOSTRACIÓN -TEAR DE BAIXO LIZO-

A marca de artesanía «A Casa Rodante», con motivo da celebración dos Días Europeos da Artesanía, ofreceu unha programación especial de actividades. Unha das actividades que se fixeron consistiu na demostración dunha das técnicas tradicionais coas que traballan no taller téxtil: a creación de tecidos en tear de baixo lizo.

O mércores, 02 de abril, durante todo o día, en horario de 11:00 a 13:00 horas, pola mañá e de 16:00 a 18:00, pola tarde; as compañeiras e compañeiros do taller téxtil  de APAMP estiveron nas inmediacións do Espazo Rodante (local nº7, da Planta Baixa), traballando na realización dunha peza de tecido en tear de baixo lizo.

Explicáronnos cales son as pezas que compoñen esta ferramenta: o tear, como se emprega, os trucos para poder crear un bo produto e todo o que se precisa saber para realizar pezas que sexan uns top ventas.

En Galicia sempre existiu unha gran tradición neste tipo de creacion téxtil e para nós é fantástico poder seguir contribuíndo ao valor, tanto material -a través dos nosos produtos-, como inmaterial -a través do propio traballo-, da nosa cultura.

Deja una respuesta