ELABORACIÓN -OBRA COLECTIVA-

A marca de artesanía «A Casa Rodante», con motivo da celebración dos Días Europeos da Artesanía, ofreceu unha programación especial de actividades.

Unha destas actividades consistiu na creación dunha peza colectiva que se realizou nas inmediacións do Espazo Rodante (local nº7, da Planta Baixa), durante a primeira semana de abril. Empregamos para iso un tear de alto lizo.

Grazas á colaboración do C.Comercial A Laxe -que nos permitiu ocupar parte do corredor- toda a persoa que quixo, puido achegarse entre os días 31/03 e o 04/04 a disfrutar desta experiencia. Non era preciso dispoñer de coñecementos previos, senón mási ben ter ganas de aprender e de participar.

Grazas ademáis ás compañeiras do taller téxtil de APAMP, tivemos á nosa disposición unha morea de  materiais para que a xdente puxera en común a súa creatividade e que entre todas e pouco a pouco puideramos elaborar unha peza en común.

Gustaríache que repitamos esta experienca?

Deja una respuesta