Horario comercial
Luns-Venres: 14:00 – 21:00
Sábados: 11:00 – 15:00

O noso Espazo Rodante é un soño cumprido!!!!

Un lugar onde acubillar e mostrar as nosas creacións ao mundo, un espazo onde escoitar, tocar e sentir a beleza de creacións individuais e colectivas.

Se te asomas á nosa casa, seguro que te sorprendes coa visión de tanta beleza e creatividade: atoparás obras únicas e orixinais que che han asombrar e gustarás e desfrutarás dun percorrido polos seus andeis.

O Espazo Rodante é un lugar vivo, onde se pode tocar e desfrutar cos materiais, onde se pode experimentar co proceso de creación, aprender as técnicas e desfrutando da realización de cerámica, encadernación, gravado, serigrafía, cesteira, tecidos de alto e baixo lizo, a elaboración de papeis dende a fibra natural… Un espazo de liberdade e creatividade!!

Un espazo diverso, onde a cultura e a arte se xuntan para desenvolver proxectos colaborativos, onde intercambiar contidos, onde se promove o coñecemento e o respecto polos oficios tradicionais, dende a vangarda. Un lugar onde atoparse cómodo e a gusto, onde comunicarse, pensar e divagar xuntas, onde xerar coñecemento, establecer relacións de cordialidade, onde as diferenzas sexan unha riqueza, un lugar onde reflexionar, imaxinar, debater, intercambiar saberes, onde crear e xerar novas ideas.

O Espazo Rodante muda, palpita, e medra coa túa aportación.

Esperémoste no local 7 da planta baixa do Centro Comercial A Laxe en Vigo.

NON TE DEMORES!!!!!