GENE

Eu chámome Generoso Alonso Cal.
Sempre me chamou a atención todo o relacionado coa arte e a artesanía, por iso me gusta pensar que son un “artistano”.
Formo parte do taller de cerámica, porque me encantou o ambiente de traballo que descubrín aquí. Das fases de creación a que máis disfruto é o esmaltado.
Suelo fabricar tazas e xerros, pero ás veces tamén fago pezas por encargo. Resulta moi gratificante que che pidan cousas cando valoran a túa arte, e tamén saber que as miñas pezas se venden en A Casa Rodante.