II POP UP de Nadal
Tralo éxito da Pop Up de Nadal que celebramos o ano pasado, no noso ESPAZO RODANTE, dende A Casa Rodante queremos convidarvos á nosa II EDICIÓN!
Para aproveitar estas tan sinaladas datas, convidamos a diferentes artesáns da Fundación Artesanía de Galicia e artistas da nosa Comunidade Rodante, a que expoñan e vendan as súas pezas no noso local. Deste xeito, podedes achegarvos a «sentir» máis de preto o seu traballo, así como tamén o das nosas Creadoras.
Poderedes atopar produtos de LA CANALLA, HIAR ARTESANÍA, NAI DISEÑOS, PIPA PIRITA, COMO PEZ EN EL AGUA, ARTCOIRIS E EMMA ROMERO.
Esta II POP UP de Nadal, estará dispoñible a partir do día 13/12/2025: día no que CELEBRAREMOS UN ACTO INAUGURAL. Dende as 16:00 horas, contaremos coa presenza das artesás convidadas e poderemos ademais desfrutar do LANZAMENTO ESPECIAL DO PROXECTO DUNHA DAS NOSAS CREADORAS, a INAUGURACIÓN DA NOSA DECORACIÓN ESPECIAL DE NADAL e moitas sorpresas máis: haberá música, un pequeno ágape e sobre todo moi boa compaña!
Non podedes faltar! Esatdes todas convidadísimas a participar e disfrutar connosco do crecente espíritu do Nadal!

Deja una respuesta
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.