INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN -HABRAHAM BARRIOS-
Tralo éxito da exposición de Habraham Barrios en Navia. Espacio de Arte, non podiamos deixar de convidalo a repetir a aventura, desta volta no noso Espazo Rodante.
As obras deste artista estarán dispoñibles no noso local de A Laxe a partir deste XOVES, 09/10/2025.
Arredor das 19:00 horas, levaremos a cabo un acto inaugural no que o propio artista nos presentará as súas pezas e nos contará cales son os seus procesos creativos, onde atopa a inspiración e todo o que os asistentes queiran saber, nun acto íntimo pero aberto ao que estades máis que convidadas!
Se queredes asistir a este evento non tedes máis que CUBRIR ESTE FORMULARIO e contaremos convosco.
De seguro vai ser unha xornada ben bonita, non a perdas e vén poñer cara á persoa detrás das creacións!

Deja una respuesta
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.