Isolda_A_Casa_Rodante

ISOLDA

O meu nome é Isolda González Palacios.


Levo moitos anos asistindo aos talleres de APAMP. Hoxe en día, formo parte do taller de papel. Aquí creo colares de papel, debuxo e doume conta de que os meus deseños son moi bos recursos para fabricar todo tipo de produtos. Con eles fanse: pantallas para serigrafía, postais en ocasións especiais, portadas de libretas, teas estampadas… Tamén estou a descubrir un novo mundo no gravado e asisto a un curso de bordado, para aprender a aplicar ambas técnicas e crear así outro estilo de xoias de papel.

ESTAS SON ALGUNAS DE MIS OBRAS