OBRADOIRO DE COSTURA

O noso Espazo Rodante (local nº7, P. Baixa do C. Comercial A Laxe) convertiuse o pasado mes de abril, nun taller de confección. Nunha actividade dividida en dúas sesións nas que Marisa Textil nos ensinou a coser uns pequenos bolsos para gardar tesouros. Aprendemos a afrontar un pequeno proxecto que consistía nunha bolsa con xareta, decorada cun barquiño. 

Esta actividade foi de balde e non requiría de coñecementos previos. As persoas que participaron chegaron con nervios e incretidume, pois declaraban non ter nin idea do mundo da costura. Pero coa axuda da formadora, algo de tempo e moita creatividade conseguiron sacar adiante as súas bolsiñas, que resultaron ser moi bonitas e moi ben feitas.

Unha clara mostra de que todo na vida é poñerse, e que con axuda e ganas todo se pode!

Deja una respuesta