OBRADOIRO -PARCHES DA MEMORIA-

Que en A Casa Rodante nos encanta facer colaboracións con La Canalla é un feito por todos sabido. E é que sempre nos resulta moi doado traballar xuntas e compartimos un imaxinario creativo que dificilmente pode traer malos resultados. O pasado mes de maio de 2025, estas grandes artistas e mellores persoas que son LA CANALLA, ofrecéronnos un OBRADOIRO DE COSTURA no noso Espazo Rodante (local nº7, P. Baixa do C. Comercial A Laxe).

Entre todas, elaboramos o que elas chaman «parches da memoria«: unhas pequenas pezas téxtiles sobre as que cosemos os nosos recordos e lembranzas deste material tan común e noble a un tempo: o téxtil. A través da creatividade, a comunicación e o «xogo» recuperamos do noso maxín as técnicas aprendidas moitas veces de cativas: puntadas, os bordados, o patchwork… Todo un traballo en equipo para sacar das nosas cabezas os saberes máis ancetrais e a propia consciencia da lembranza. 

Con La Canalla sempre nos pasa que o de coser vai moito máis alá de poñerse e a cantar! Proba diso son as fotos que podedes ver a continuación.

Deja una respuesta