OBRADOIRO -ENCADERNACIÓN BORDADA-
A marca de Artesanía de Galicia «Tocamadera Galega«, baixo a batuta de Mónica Portela chega de volta dende Marín ao noso Espazo Rodante (Local 7, Planta Baixa do C. Comercial A Laxe), para ofrecer un obradoiro de encadernación bordada.
O vindeiro sábado, 15/11/2025, entre as 11:00 e as 14:00 horas, imos crear cadernos cun tipo de encadernación sinxela e resistente, coa técnica tradicional francesa. Un tipo de cosido artesanal, exposto sobre o lombo, que nos axudará a convertir recortes de caixas de madeira desbotadas en pequenos cadernos únicos. Sobre a propia madeira bordaremos despois as nosas ideas e deseños en forma de puntadas, personalizando o contido e creando a través da imaxinación e as mans, os nosos patróns ou esquemas de bordado con fíos de cores.
Non dubidamos que será unha experiencia fantástica, na cal podes participar CUBRINDO ESTE FORMULARIO.

Deja una respuesta
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.