CORAIS

Intervención cerámica realizada en 2021, parte da idea de representar a diversidade de formas que se poden atopar nos fondos mariños, e ao mesmo tempo reivindicar a súa desaparición debida ao cambio climático e o impacto do ser humano sobre o medio ambiente.

 

Está modelado en gres branco e rematado con distintos esmaltes de cor e transparentes. O mural está localizado na entrada do centro de día de APAMP na rúa Miguel Hernández.

Category:
Date: