PRESENTACIÓN LIBRO -CREADORAS-

A Casa Rodante tivo o pracer de presentar o libro das súas CREADORAS. 

Coincidindo coa celebración do Día Internacional do Libro, organizamos un evento no que puidestes coñecer a algunhas das artistas que producen para a nosa marca e inauguramos a terceira e última parte da Exposición fotográfica «Creadoras»: unha mostra de tódolos equipos de traballo, baixo a mirada de Javier Aldemunde.

Este evento tivo lugar o pasado mércores, 23 de abril nas inmediacións do noso Espazo Rodante (local nº7, P.Baixa) , grazas á colaboración do C.Comercial A Laxe.

A continuación achegámosvos algunhas instantáneas deste evento tan bonito e memorable: un novo capítulo na historia da literatura da nosa entidade.

Deja una respuesta