Shop

MACETEIRO SORPRESA 20

20.00

12 disponibles

MACETEIRO SORPRESA 20

Descripción

Entre os días 3 e 7 de abril de 2024 celébranse os DÍAS EUROPEOS DA ARTESANÍA.

Por iso, en A Casa Rodante queramos convidarte a xogar con nós un xogo moi divertido: atreveríaste a facer unha compra a cegas?

Selecciona algún dos artigos de cerámica da nosa web identificados como «MACETEIRO SORPRESA» o número que aparece ao lado indica o prezo desas pezas, selecciona o que máis cómodo che resulte tendo en conta qua a maior prezo, maior tamaño e calidade dos acabados.

Formaliza o pedido a través da web e indica o método de pago, xunto coa modalidade de envío. É importante que saibas que dispoñemos de servicio «Click&Collect», polo que poderás recoller ti mesma o encargo, na nosa tenda sen costes engadidos.

Unha vez teñas estes pasos cubertos, anímate a cubrir na pestana de observacións do pedido algo sobre os teus gustos, como por exemplo: cal é a túa cor preferida? Vas usar ese bote para algo en concreto? Definiríaste como alguén clásico ou es máis ben unha persoa atrevida?

Aventúrate a compartir con nós este experimento!

 

 

Bck to top
Abrir chat
Ola 👋
En que podemos axudarche?
Ir al contenido