SANDRA

O meu nome é Sandra Ballesteros Carrera.


Un día asistín ao taller de cerámica, por curiosidade e rápidamente lle collín o gusto. Non tardei en darme conta de que os resultados son marabillosos e que é certo iso que din de que a cerámica engancha.
Este último verán estivemos realizando un encargo que para min foi moi especial, porque eran os trofeos cos que se premiou aos gañadores e gañadoras da sección de Skate adaptado, no festival O Marisquiño. Para min foi un orgullo, como tamén o é saber que as nosas pezas gustan tanto.