Queres expoñer no noso espazo rodante?

Estás a buscar un espazo onde expoñer a túa obra? Estás no sitio correcto.

O Espazo Rodante é un lugar de conexión e promoción do traballo colaborativo. 

Ao xeito dun expositor, o noso fogar ten grandes fiestras a través das cales observar con transparencia a nosa realidade. Disfrutamos da posibilidade de que todo o mundo poida achegarse a ver a calidade das nosas creacións e a dos numerosos artistas que pasarán por este lugar. Queres formar parte da nosa familia? Cóntanos un pouco máis sobre ti e a túa obra no seguinte FORMULARIO.

O Espazo Rodante está situado no Centro Comercial A Laxe, concretamente na planta baixa, local 7. Está a pé de rúa. É un espazo totalmente accesible, preparado para acoller obras de arte e produtos de artesanía. Ten un chan de plaqueta ceramica, paredes con pintura branca e iluminación led. O espazo ten persoal de seguridade. As exposicións poden ser de calquera modalidade artesá ou artística, sempre que se adecue ás condicións do espazo.

CONDICIÓNS PARA EXPOÑER NO ESPAZO RODANTE
  • O transporte e a montaxe da exposición deberá ser asumida polo interesado, interesada ou colectivo.
  • Ofrécese axuda técnica para a montaxe.
  • Asumimos a publicidade das exposicións e a súa difusión nos diferentes medios de comunicación.
  • A venda de óbralas/produtos será integra para o autor.
  • O artista comprométese a acudir á inauguración da exposición e a pactar unha actividade no espazo Rodante (charla, formación…).
  • Ofreceremos un pequeno ágape o día da inauguración.