Apertura do noso Espazo Rodante

Recopilamos algunhas fotos  do día da apertura do noso ESPAZO RODANTE.

Ese día puxemos á vosa disposición un lugar onde atopar á venda produtos creados nos nosos talleres, que é ademais un espazo de encontro e promoción do traballo colaborativo e o desenvolvemento creativo.

Coa finalidade última de crear tamén maiores oportunidades laborais para as «Creadoras» dos talleres artesanais.

Este local, situado no nº 7 da Planta Baixa, no Centro Comercial A Laxe é un escaparate ao mundo para o noso traballo, pero tamén unha fiestra aberta para que todas poidades asomarvos á nosa visión da realidade.

Sede benvidos e benvidas!

Deja una respuesta