CURSO DE COSIDO PARA ENCADERNACIÓN

Durante o mes de febreiro, continuamos achegándonos á encadernación paso a paso.

En A Casa Rodante, aproveitamos que contamos con grandes profesionais e chamamos a BERTA e ISA PELETEIRO para que nos compartiran todo o que saben sobre o COSIDO para encadernación, tras formar parte do taller de encadernación arredor de trinta anos.

En dúas sesións moi amenas, ensináronnos a coser os interiores que conforman as pezas encadernadas.

Podedes ver, a continuación, algunhas fotos de como se desenvolveu esta actividade que tivo unha duración de catro horas, repartidas en dous días.

Deja una respuesta