CURSO «INICIACIÓN AO MACRAMÉ»

Durante tódolos luns do vindeiro mes de maio, no Espazo Rodante (Local nº7, planta baixa do centro Comercial A Laxe), a experta en MACRAMÉ, Ana Loredo impartirá unhas clases de iniciación.

A actividade dará comezo o luns, día 6 a partir das 17:00 horas e terá unha duración de dúas horas cada día, ata o 27 de maio. Durante estas sesións realizaremos un tapiz vertical como o que podes ver na foto.

Se che interesa aprender, cubre os teus datos NESTE ENLACE, para reservar a túa plaza e agarda a confirmación no teu correo electrónico.

 

Deja una respuesta