CURSO «INICIACIÓN AO ZENTANGLE®»

Durante tódolos mércores, do vindeiro mes de novembro, no Espazo Rodante (Local nº7, planta baixa do centro Comercial A Laxe), Sofía Vázquez -profesora titulada CZT- impartirá un CURSO DE INICIACIÓN AO ZENTANGLE®. A actividade terá lugar entre as 18:00 e as 20:00 horas, tódolos mércores dende o 6/11 ata o 27/11.

A través desta actividade, faremos unha aproximación ás orixes desta ARTE MEDITATIVA, que unifica tódolos beneficios do mindfullness e o valor terapéutico da arte. Aproveitaremos tamén a ocasión para crear un grupo dinámico no que poder aprender á vez que descubrimos o valor a nos propia creatividade.

Este curso ten un custe de 45€ por persoa e inclúe tódolos materiais.

Inscríbete PINCHANDO AQUÍ.

Aforo limitado: 8 PLAZAS DISPOÑIBLES.

 

Deja una respuesta