DÍAS EUROPEOS DA ARTESANÍA

Con motivo da celebración dos Días Europeos da Artesanía, dende A Casa Rodante queremos convidarvos a visitar, o noso ESPAZO RODANTE e o Centro Comercial A Laxe.

Dende o día 31 de marzo ata o 4 de abril, habilitamos un horario especial para que poidades achegarvos a desfrutar das seguintes actividades:

  • Dende o luns, 31/03 pola tarde ata o sábado, 05/04, pola mañá: EXPOSICIÓN «A CASA RODANTE E OS PRODUTOS CON ALMA». No local enfronte do noso Espazo Rodante, poderedes atopar unha pequena instalación de papel e unha mostra dos diferentes oficios.
  • Dende o luns, 31/03 pola tarde, ata o venres, 04/04 pola mañá: ELABORACIÓN DUNHA OBRA COLECTIVA en TEAR DE ALTO LIZO.
  • Martes, 01/04: entre as 11:00 e as 13:00 horas, DEMOSTRACIÓN DE PAPEL ARTESÁN.
  •  Mércores, 02/04: entre as 11:00 e as 13:00 horas e as 16:00 e as 18:00 horas, DEMOSTRACIÓN DE TEAR DE BAIXO LIZO.
  • Xoves, 03/04: en horario de mañá (11:00 – 13:00 horas) DEMOSTRACIÓN DE GRAVADO EN PUNTA SECA. E pola tarde (entre as 16:00 e as 18:00 horas), DEMOSTRACIÓN DE ELABORACIÓN DUNHA LIBRETA ARTESÁ.
  • Venres, 04/04: a partir das 11:00 horas e ata as 13:00 haberá unha DEMOSTRACIÓN DE CESTERÍA TRADICIONAL.
Atopa aquí máis información sobre as actividades, e anótate como asistente na que máis che guste! 

Deja una respuesta