EXPOSICIÓN -A CASA RODANTE E OS PRODUTOS CON ALMA-
A marca de artesanía «A Casa Rodante«, con motivo da celebración dos Días Europeos da Artesanía, ofrece unha programación especial de actividades.
Unha destas actividades é unha Exposición dos diferentes oficios e unha instalación artística, que se realizará no local fronte ao Espazo Rodante (local nº7, da Planta Baixa), durante a primeira semana de abril. Grazas á colaboración do C.Comercial A Laxe -que pon a disposición este establecemento- toda aquela persoa que queira, poderá achegarse entre os días 31/03 e o 05/04 a disfrutar desta experiencia.
O horario de atención ao público é:
- Luns, 31/03: de tarde, entre as 14:00 e as 21:00 horas.
- Martes, 01/04, mércores, 02/04 e xoves, 03/04: polas mañás de 11:00 a 13:00 horas, e de 16:00 a 18:00 polas tardes.
- Venres, 04/04: de mañá, entre as 11:00 e as 13:00 horas.
- Sábado, 04/04: de mañá, entre as 11:00 e as 15:00 horas.
Para poder asistir en calquera destes horarios, únicamente tes que cubrir o seguinte formulario e contactaremos contigo para xestionar a visita e facer dela unha experiencia o máis enriquecedora posible. Apúntaste?

Deja una respuesta
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.