FLORES DE PRIMAVERA

En colaboración co Centro Comercial A Laxe, o mércores 06/05/2026, as compañeiras dos talleres de APAMP Navia, pasarán a tarde elaborando unhas fermosas flores cuxo destino aínda non vos podemos desvelar, pero o que si vos podemos adiantar é que temos unhas ganas enormes de que chegue o día e poñernos mans á obra.

Se che apetece, pásate a visitarnos e a ver como traballamos nesta colaboración tan bonita!

A partir das 17:00 e ata as 19:00 horas. Quen sabe? Quizais poidas botarnos un cable!

Deja una respuesta