INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN -JULIO BARREIRA-

O pasado mes de maio, o artista vigués Julio Barreira, ofreceu no ESPAZO RODANTE unha exposición das súas obras de acuarela.

Tralo éxito de «Los Caminos del Agua» en Navia. Espacio de Arte, non podiamos deixar pasar a oportunidade de acollelo unha vez máis. Desta volta, no noso local de A Laxe.

A continuación deixámosvos unha pequena aproximación en fotos do que foi o evento inaugural desta exposición, que estivo dispoñible ata o pasado mes de xuño.

Unha colección de cadros orixinais  adaptacións dos mesmos a formatos máis «consumibles»: pequenas series de láminas, camisetas, suadoiros e diferentes produtos co selo «Julio Barreira».

Porque a arte en ocasións tamén se pode vestir.

Deja una respuesta