Exposición Agustín Bastón

Inauguración exposición Agustín Bastón

O xoves, 15 de febreiro de 2024 inaugurouse en A Casa Rodante (local 7 da planta baixa do Centro Comercial A Laxe) a exposición «Derivas» de Agustín Bastón.

Nela, o artista levaba a cabo unha reflexión teórica que buscaba poñer en valor elementos que cambian respecto a direccións ou puntos prestablecidos; centrándose nas lentas e continuas variacións provocadas polo paso do tempo e a intervención humana, sobre diferentes materiais.

A continuación atoparás algunhas fotografías do evento inaugural desta exposición que estivo dispoñible ata o 5 de marzo.

Deja una respuesta