INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN – ENXEBRE-
Chega ao noso Espazo Rodante a exposición de pezas de marroquinería de Lara Freire, baixo a súa marca «Enxebre«.
A partir do xoves, 16/04/2026, no local 7 da planta baixa, do Centro comercial A Laxe, poderás vir ver os bolsos desta artesá, e aproveitar a ocasión para facerte con algunhas das últimas unidades dos modelos cos que conta na actualidade. Xa que está previsto que nos vindeiros meses lle dea un xiro á imaxe da súa marca e introduza novidades no seu catálogo de propostas atemporais, funcionais e pensadas para a vida real.
A partir as 19:30 horas, levaremos a cabo un acto inaugural, no que contaremos coa presenza de Lara Freire, que nos contará cales son os detalles do seu proceso creativo, onde atopa a inspiración e de onde xorde o seu itnerese polo mundo da artesanía.
O acceso a este evento está aberto a todo o público sen custe e só é preciso que confirmes a túa asistencia, CUBRINDO ESTE FORMULARIO.
Apetéceche coñecer mellor «Enxebre»? Pois non o dubides e achégate!

Deja una respuesta
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.