INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN -ETOPEYAS-

«Etopeyas» é unha exposición na que a deseñadora e debuxante ourensá Elena Guevara amosa unha serie de vinte retratos que xiran en torno ás expresións doutros tantos seres vertebrados unidos mediante la comunicación visual do xesto e a mirada: «suxeitos que devolven a mirada coma se coñeceran as respostas».

Nesta exposición, que estará dispoñible dende o xoves 4 de abril no Espazo Rodante (Local nº7, planta baixa do centro Comercial A Laxe, Vigo), a artista emprega unha mistura de técnicas como son tinta, acuarelas, lápis e acrílicos.

O evento inaugural terá lugar a partir das 19:30h, e é unha magnífica oportunidade para coñecer a Elena Guevara na súa primeira exposición na cidade olívica. Esta actividade é de balde e unicamente é preciso que confirmedes asistencia cubrindo os vosos datos NESTE ENLACE.

Poderedes visitala exposición sempre que queirades en horario comercial, ata o día 30 de abril.

 

Deja una respuesta