INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN -MÁSCARAS-
Chega ao noso Espazo Rodante unha exposición moi especial, con motivo da celebración do Entroido.
A partir do xoves, 12/02/2026, no local 7 da planta baixa, do Centro comercial A Laxe, poderás vir ver as fermosas MÁSCARAS que as Creadoras da nosa marca, teñen elaborado no taller de cerámica de APAMP: unha pequena selección de obras orixinais e únicas, que poñen de manifesto o atrevido e festivo espírito desta época do ano.
A partir as 18:00 horas, levaremos a cabo un acto inaugural no que participarán algunhas das artistas e onde compartirán con tódolos asistentes os segredos do seu proceso creativo, cales son as súas motivacións para crear, etc. ademáis dun pequeno ágape.
O acceso a este evento está aberto a todo o público sen custe e só é preciso que confirmes a túa asistencia, CUBRINDO ESTE FORMULARIO.
De seguro vai ser unha xornada ben bonita, non a perdas e vén poñer cara ás persoas detrás das creacións!

Deja una respuesta
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.