INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN -MISOCO DESIGNS-

O pasado mes de abril, dende A Casa Rodante quixemos convidarvos á inauguración da exposición de cerámica de «Misoco Designs», no noso Espazo Rodante (local nº7 da planta baixa, no Centro Comercial A Laxe).

Esta exposición constou dunha selección dalgunhas das pezas de cerámica que a artesá viguesa, Olalla Lojo elabora baixo a súa marca e estivo dispoñible ata os primeiros días de maio.

Todas as persoas que quixeron puideron visitala no noso horario comercial. Se non tivestes oportunidade, sempre podedes botar unha ollada nas seguinte fotos, ou mesmo contactar coa propia artista a través da súa web, que tamén conta cun espazo persoal no que ademais ensina a traballar coa cerámica. 

Que máis se pode pedir? Que repitamos?

Deja una respuesta