OBRADOIRO -ACUARELA BORDADA-
O vindeiro xoves, 25 de setembro a partir das 18:00 horas, a acuarelista Emma Romero vai impartir un obradoiro de acuarela bordada, no noso Espazo Rodante (C.Comercial A Laxe, local nº7. Planta Baixa)
Esta artista, convídanos a desfrutar do detalle técnico, da liberdade expresiva da acuarela ou do costumismo social presente na súas ilustracións.
Queres experimentar coa fusión da pintura e o fío?
Neste obradoiro aprenderás a crear pezas únicas nas que a acuarela e o bordado se entrelazan, dando vida a obras cheas de cor e textura. Non é preciso ter experiencia previa: só ganas de probar, xogar e sorprenderte co resultado.
As prazas son limitadas, reserva a túa xa!

Deja una respuesta
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.