OBRADOIRO DE CERÁMICA

O pasado 07/02/2025, a ceramista e ilustradora Inés Elorrieta, que se atopa á fronte do proxecto Hey Juddy!, impartiu un obradoiro de cerámica no noso Espazo Rodante.

Durante a sesión, as asistentes puidemos familiarizarse con algúns dos conceptos básicos destra disciplina artesá. Aprendemos a estampar vexetais sobre o material, modelamos un pequeno vaso e pintámolo, cada unha ao noso gusto. Tamén nos ensinou algún que outro truco, que por suposto non imos desvelar!

Nas seguintes imaxes, poderás comprobar que a maxia de crear é algo que se debe vivir en primeira persoa.

Deja una respuesta